Adrián González López

Adrián Gonzalez

@adrienone

Freelance audivisual. Fotógrafo e filmmaker.
Estado: Excoworker
Traballo como freelance no mundo audiovisual, baixo a miña marca persoal ”@adrienone”, que é como se me coñece nas redes. Son creador de contido, fago todo tipo de fotografía, vídeo e tamén deseño gráfico. E estou especializado en contido para redes sociais. Tamén traballo como man de obra externa para outras empresas do mundo audiovisual.

A miña traxectoria

En 2016 rematei a miña ensinanza superior de fotografía artística na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, e ao ano seguinte xa estaba dado de alta en autónomos como fotógrafo. Foi aí cando comecei a traballar no coworking e grazas e iso a miña rede de contactos no mundo laboral medrou moito, coñecendo moitos clientes e tamén provedores. Comecei facendo pequenos proxectos a nivel local, e fun medrando pouco a pouco á vez que compaxinaba o traballo como mariscador no mar. Debido á falta de espazo físico en 2019 deixei o coworking e montei o meu propio estudio-oficina. Hoxe en día o audiovisual e a miña fonte de ingresos principal e traballo en proxectos a nivel global, pero sen desatender isos pequenos traballos que me saen na miña vila.