Exeria é un proxecto socioeducativo que aborda diferentes programas: Formacións no ámbito da coeducación, a prevención do acoso escolar e a educación emocional. A prestación de puntos violetas en festas e eventos. Gabinete emocional, no que se traballa a educación emocional e as habilidades sociais.
O meu nome é Alba Pérez, e son a persoa que se atopa detrás deste proxecto socioeducativo, Exeria.
Para chegar a isto, iniciei na animación sociocultural, continúe co grao de educación social e especialiceime co máster de investigación e intervención social e comunitaria. Ademais, seguí a complementar a miña formación tanto académica como laboralmente, en xénero, infancia e familia.
Empecei no coworking en marzo de 2022, e coa axuda da asesora de emprendemento e a posibilidade de ter un espazo onde avanzar no proxecto, finalizo a experiencia no espazo en maio de 2023, xa que se cumpriron os obxectivos e actualmente dispoño dun espazo privado para continuar.