Subtextos é unha empresa dedicada á accesibilidade de obras audiovisuais. Entre os seus servizos destaca o subtitulado, sendo este tanto para persoas xordas coma noutros idiomas, así coma a audiodescripción e adaptación das obras a persoas cegas.
Ó longo da súa traxectoria, Subtextos estivo e está presente en numerosos mercados do audiovisual, tanto a nivel español coma europeo e latinoamericano. Entre os seus clientes destacan todo tipo de produtoras, canles de televisión e outras empresas preocupadas pola accesibilidade dos seus contidos, así como en acadar a mellor calidade na traducción e localización das súas obras para diferentes mercados. Neste eido, é especialmente resaltable o traballo realizado na exportación de producións feitas en Galicia, así como na adaptación ó galego de obras de fóra da comunidade autónoma.