Carlos Rey Varela

Perfil Carlos Rey

Carlos Rey

Consultor SEO e deseño web
Estado: Activo
As palabras non son máis ca letras se non teñen un destino. Que fago? Facer que esas palabras se convertan en potenciais clientes (leads) ou ventas grazas ao SEO (posicionamento en buscadores). E si, acompañar esas palabras cunha estratexia orgánica para que os demais poidan chegar a elas, conséguese mediante un bo SEO. Dende o meu punto de vista, o SEO debe ser máis ca unha simple fonte de adquisición de tráfico. Debe ir dende conseguir tráfico, ata o momento en que ese tráfico converte, revisando a estrutura da túa web, landings, textos, o que vendes, como transmites… TODO. Unha mestura de SEO, CRO, COPYWRITING, UX e UI.

A miña traxectoria

Aínda que faga SEO o 90 % do tempo, iso non impide que estea constantemente mellorando as miñas habilidades na xestión de equipos, copywriting, SEM, deseño web e xestión de redes sociais. Non só para ofrecer estes servizos de forma directa tamén, senón para integraros no meu día a día e saber relacionarme con outros equipos de forma fluída, logrando traballar con eles de forma unificada e baixo os mesmos obxectivos, logrando un traballo moito máis eficiente e críticas máis construtivas. Así como poder atender dunha forma máis integral tamén a clientes con presupostos máis baixos, que buscan un profesional que os poida asesorar en todo momento, mellorando o rendemento da súa inversión en Marketing Dixital.