Impulsa o teu proxecto no Coworking da Pobra

Un espazo para emprender, colaborar e innovar

Sobre nós

O Coworking da Pobra, xestionado pola Concellería de Promoción Económica do concello da Pobra do Caramiñal, é un espazo público pensado para impulsar o emprendemento local e fomentar a colaboración entre profesionais. Nacemos coa visión de crear unha comunidade onde as ideas toman forma e os proxectos medran.
 
Apostamos por dúas liñas transversais que guían as nosas accións e definen a nosa identidade: a educación para o emprendemento sostible e o Impacto social con perspectiva de xénero. Máis que valores declarados, son compromisos activos que se reflicten no tipo de proxectos que desenvolvemos.

Queremos crear unha comunidade aberta, innovadora e comprometida coa igualdade. Un lugar onde todas as persoas se sintan benvidas e atopen o apoio necesario para facer realidade os seus soños profesionais.

¿Problemas co vídeo?

As nosas liñas transversais

Compromisos activos que definen a nosa identidade.

Educación para o emprendemento sostible

Proporcionamos formación experiencial sobre emprendemento con valores dirixida a alumnado de centros educativos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

Emprendemento con perspectiva de xénero

Traballamos para promover a igualdade de oportunidades e visibilizar o talento feminino no ecosistema emprendedor, creando unha comunidade máis equitativa e diversa.

Voces da nosa comunidade

A nosa maior forza son as persoas que forman parte desta comunidade. Estes son algúns dos comentarios das persoas vinculadas ao Coworking da Pobra.

"O Coworking da Pobra é fundamental para poder conciliar a miña vida profesional coa vida persoal e familiar. A posibilidade de contar con este espazo para manter reunións é unha alternativa perfecta para as persoas que, coma min, necesitamos conciliar."
Antía
"Como freelance, traballar desde casa resultábame illante. Aquí atopei o espazo que necesitaba e a outras persoas con quen compartir e colaborar. O ambiente é motivador e produtivo."
Mateo
"A Travesía do Emprendemento foi unha experiencia transformadora. Coñecín mulleres increíbles, superamos retos xuntas e agora sinto que teño unha rede de apoio para non sentirme soa no proceso de emprender. Recomendable ao 100%."
Laura

Que che ofrecemos?

No Coworking da Pobra poñemos ao teu alcance os recursos necesarios para emprender. Desde o espazo físico ata o acompañamento profesional e a creación de alianzas, intentamos adaptarnos ao tipo de apoio que necesites en cada momento, promovendo un ambiente próximo e de cooperación entre os membros da comunidade.

Acceso ao espazo

Reserva o teu posto de traballo nun ambiente profesional, moderno e colaborativo. Dispoñemos dunha área de traballo con postos de uso flexible, unha sala de reunións, un espazo polivalente para charlas e encontros, e un pequeno espazo para tomar un café ou comer.

O espazo está deseñado para inspirar a creatividade e facilitar a produtividade, cun ambiente acolledor e con acceso flexible que se adapta aos teus horarios e necesidades.

Asesoramento para emprender

Acompañámoste no desenvolvemento da túa idea de negocio con orientación personalizada. En sesións individuais ou grupais de mentoría, ofrecemos o apoio necesario para converter a túa visión nunha realidade empresarial sólida.

Desde a fase inicial da idea ata a posta en marcha e crecemento, estaremos ao teu lado en cada paso. Recibe respostas, resolve as túas dúbidas e trazaremos contigo a estratexia empresarial.

Ademais...

A nosa comunidade é o corazón do coworking. Por iso, organizamos actividades formativas, eventos e proxectos conxuntos para fortalecer os vínculos entre persoas emprendedoras e xestoras da rede provincial de espazos colaborativos, fomentando así a aprendizaxe colectiva.

Talleres formativos

Sesións teóricas ou prácticas, presenciais ou virtuais, sobre temas de interese para os coworkers.

Proxectos colaborativos

Sesións de traballo conxunto para compartir experiencias, establecer contactos e colaborar para xerar impacto.

Espazo de encontro distendido para coworkers

Espazo de encontro distendido para coworkers

Proxectos con impacto social

A colaboración con outras entidades públicas e privadas axúdanos a desenvolver proxectos con impacto social dentro e fóra do concello.

Construíndo Futuros. A travesía do empoderamento

Construíndo futuros é un programa integral que promove o impacto social e a igualdade de xénero no ecosistema emprendedor local.
A través desta travesía, acompañamos especialmente a mulleres emprendedoras en situación de vulnerabilidade, no seu camiño profesional, proporcionándolles ferramentas, visibilidade e unha rede de apoio. Creamos espazos de encontro onde compartir retos, celebrar éxitos e construír unha comunidade máis equitativa.

Multimedia de inspiración

Con imaxes e mil palabras, creamos un apartado multimedia para recoller algunha das actividades desenvolvidas no Coworking da Pobra que poidan servir de inspiración.

Educación para o Emprendemento Sostible

Vídeos sobre formación en Emprendemento para alumnado de centros educativos.

Proxectos de colaboración entre coworkers

Vídeo sobre A Travesía do Emprendemento, un proxecto de colaboración entre coworkers.

Proxectos de colaboración con impacto social ao espazo

Vídeo sobre Construíndo futuros, un proxecto de colaboración con Médicos do mundo.

Preguntas frecuentes

Tes preguntas ou dúbidas sobre os nosos servizos? Queres saber máis sobre como te podemos axudar? Encantaranos escoitarte e acompañarte no teu camiño emprendedor.

Poderán optar ao acceso e uso das instalacións e/ou servizos calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:

a) Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto empresarial e vaian crear a súa propia empresa. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación.

b) Novas empresas, aquelas persoas físicas que non leven máis de 2 anos dadas de alta no RETA, ou xurídicas cuxa constitución (data de inscrición no rexistro) teña unha antigüidade igual ou inferior a 2 anos e que ó inicio da actividade empresarial necesiten un apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de incubación.

c) Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos para actuacións vinculadas ao desenvolvemento das súas empresas. Todas as persoas emprendedoras e as empresas deberán carecer de local, en propiedade ou arrendado, onde exercer a actividade no momento no que presenten a súa solicitude de admisión ao espazo de traballo.

Poderán optar ao acceso e uso das instalacións e/ou servizos calquera persoa física ou xurídica que se atope dentro dos seguintes apartados:

a) Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto empresarial e vaian crear a súa propia empresa. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de preincubación.

b) Novas empresas, aquelas persoas físicas que non leven máis de 2 anos dadas de alta no RETA, ou xurídicas cuxa constitución (data de inscrición no rexistro) teña unha antigüidade igual ou inferior a 2 anos e que ó inicio da actividade empresarial necesiten un apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia. Este tipo de usuarios/as considerarase en fase de incubación.

c) Usuarios/as puntuais, aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos para actuacións vinculadas ao desenvolvemento das súas empresas. Todas as persoas emprendedoras e as empresas deberán carecer de local, en propiedade ou arrendado, onde exercer a actividade no momento no que presenten a súa solicitude de admisión ao espazo de traballo.

Para solicitar espazo e/ou asesoramento, debes cumprimentar a solicitude que podes descargar aquí​ (PDF autocumprimentable)
Unha vez cumprimentado, debes presentalo por rexistro no concello ou a través da sede electrónica (instancia xeral).
Chámanos por teléfono ou envíanos unha mensaxe coas túas preguntas, dúbidas, ou para solicitar unha cita.